Piquico

Nesta páxina móstranse os traballos de Piquico sobre entroido, en escultura, escultura funcional (mobiliario vestido), pintura, fotografía, debuxo e deseño

Dise que os personaxes do Entroido non se disfrazan, vístense. «Mobiliario vestido» pretende mostrar a continuidade entre corpo, roupa e moble. Representar unha conxugación entre o atávico da festa e a modernidade, xogando cos personaxes do Entroido, coas súas figuras animais, como a mula ou o oso, e os elementos típicos e simbólicos desta festa.
O resultado son esculturas-personaxe «vestidas» de mobiliario ou ao revés —xa sexa unha mesa, un andel, un armario, unha lámpada, un pupitre escritorio, un botelleiro, unha cadeira, un espello etc.— en paralelo cos motivos do Entroido. As obras son basicamente figurativo-xeométricas nas que interesa a expresividade, a masa descuberta, a forma ou a anatomía.

Dedicado a todas as persoas que participan, constrúen e danlle  valor o entroido pra que a maior festa da nosa comunidade siga enriquecéndose. 

Vigo, España. T: +34 606434485  

piquicarte@gmail.com

piquicarte@edu.xunta.es

@piquicarte

https://piquico.my.canva.site/

https://www.facebook.com/piquico.rguez

https://piquico.blogspot.com