Críticas

Prólogo para un artista vianés

Facer arte implica ofrecer outra visión do mundo. O verdadeiro artista consegue, a través do seu ollar, descubrirlles novas facetas da realidade aos demais. Tanto dá se o tema é coñecido ou non; a arte é quen de revelar verdades que adoitan pasar inadvertidas.

Falar do Piquico é falar dun artista vianés, pois Viana do Bolo é un tema omnipresente na súa obra. Basta con fixarse na multitude de panorámicas do skyline do Cabo da Vila (presidido pola torre da homenaxe i a igrexa), nos retratos e caricaturas de vianeses de onte e de hoxe ou nas montaxes i esculturas que fain gala da patria chica. O universo do artista non se pode explicar sen ter en conta a influencia da súa vila. Mais non é só Viana quen lle deu algo ao Piquico, o Piquico tamén lle deu algo a Viana. A súa obra ofreceulle a esta un imaxinario no que recoñecerse e incluso contribuíu, en certo modo, a conformar parte da paisaxe urbana vianesa: sen ir máis lonxe, o seu boteiro preside a praza do Toural i os seus cuadros engalanan bares i establecementos de Viana.

Quizais na mestura desa vianesidade enxebre co seu estilo onírico-surrealista radica unha das grandezas da obra do Piquico: en ver o cotián dende outra perspectiva i en sublimar a experiencia estética. E pra tal propósito precísase un gran dominio da técnica porque a arte é iso: un saber facer que plasma as ideas nun soporte material.

Neste libro faise un percorrido polos traballos dedicados á tradición máis querida de Viana do Bolo e de tantos outros sitios de Galicia. Pero que non se alarmen os máis puristas, que isto non é a tradición: é arte. I a arte esixe deformar porque busca expresar emociois. A este respecto, convén destacar a mostra Entroido. Mobiliario vestido, unha colección con ecos de Art Nouveau que fai da entropía entroideira un espazo luminoso, confortable i acolledor no que sentirse arroupado. Que domestica a fereza dos ritos e das máscaras pra integralos como parte do fogar. Un mobiliario nu que se viste. A tradición da rúa por excelencia metida en casa. O exotismo de algo autóctono. Un paradoxo continuo que favorece a reflexión sobre a festa i as súas convenciois.

En definitiva, unha compilación que recolle o traballo de décadas sempre ten algo de retrospectiva que axuda a entender o sentido i a evolución da traxectoria artística. Hai quen se afana en buscar lonxe, en mundos e realidades afastados, pero descubrir e valorizar o próximo i o local ten muto mérito: veleiquí este libro sobre unha parte concreta da obra do Piquico, que así o demostra.

Pedro Basalo Bembibre

Filólogo. Padua, 11 de maio de 2024


O Entroido en casa : A escultura moble de Ángel Manuel Rodríguez Romero

Un tótem, segundo a RAE, é un 'obxecto da natureza, xeralmente un animal, que na mitoloxía dalgunhas sociedades se toma como emblema protector do tribo e do individuo', ou, conforme a segunda acepción, 'emblema tallado ou pintado que representa o tótem'.

Libélulas, bolboretas, pitas, galos, paxaros xigantes, cabalos, mulas son, nesta exposición, sinécdoques —elementos que portan dun modo ou outro o vestido, que é un totum— que emerxen dunha especie de bestiario popular que convive na vida cotiá dun grupo humano localizado. E é o home o que porta estes símbolos e as máscaras —máscara é 'persoa' en grego antigo—, tales como pantallas, cigarróns, peliqueiros, boteiros...

O Entroido convértese no símbolo e na encarnación da festa popular e pública, totalmente independente dos poderes fácticos da Igrexa e do Estado, tacitamente consentido por estes.

Lembro aquí esta bela frase de Goethe: «aquel que participa no Entroido, o pobo, é o amo absoluto e alegre da terra anegada de claridade, porque só coñece a morte na espera dun novo nacemento, porque coñece a alegre imaxe do devir e do tempo».

Os topoi, como dicía Aby Warburg, son conceptos que transcenden ao longo do tempo da Historia o sacro e o pagán, e viceversa. As ideas do poder relixioso, civil, social, xudicial e o pobo que se rebela e celebra a creación, a morte e a resurrección teñen o seu antecedente directo nas bacanais romanas —máscaras que eran figuras humanas con cabezas de animais—. Velaí que os galegos somos fundamentalmente romanos. O Entroido alude a ese paraíso no que todo está permitido, onde o home racha as barreiras xerárquicas con total liberdade, relativiza o poder e establece as súas propias normas para acadar finalmente o camiño do irracional e excesivo durante un período limitado —precisamente antes da Coresma, nítida fronteira do poder—. O Carnaval vén sendo a inmortalidade do pobo.

Velaquí, do mesmo xeito, a liberdade creativa de A. M. Rodríguez Romero racha moldes no concepto e na forma.

O concepto consiste en tallar esculturas aparentemente funcionais, esculturas-moble, pero este non é o seu fin fundamental, inda que si parte do seu sentido. A escultura é un personaxe vivo na acción do Entroido, pero aquí, inmóbil, é xa un moble ou unha escultura-tótem. O moble e a escultura carnavalesca son xa unha mesma cousa, como se o Entroido cambiase o sentido da vida. O espectador xa non só contempla ou nin sequera contempla, senón que se identifica coa escultura no uso cotián.

O material empregado —diversos tipos de madeira como material principal, pero tamén lousa, mármore ou granito— é de carácter orgánico. Son materiais que forman parte da paisaxe onde se contextualizan as tradicións carnavalescas: Viana do Bolo, Xinzo de Limia, Verín, Toén, Ulla, As Eiroás, Cobres, Entrimo, Vigo...

A forma non segue a función. Cada escultura é un personaxe, sobre todo, que pode facer a súa función de moble ou non. Pódese afirmar que o propio moble é unha escultura. O moble adáptase á escultura e viceversa. Son esculturas de vulto redondo, exentas de grandes dimensións. En xeral, vemos que o volume se consegue con base nun traballo de desbaste da peza bruta de madeira até chegar ao resultado dun xeito premeditado ou non, porque a peza de madeira elixida tamén marca o camiño de execución do escultor. E finalmente a ensamblaxe das pezas —andeis, lámpadas— consegue a configuración final do volume desta serie. Ese contraste materia/baleiro é unha constante nesta exposición, porque A. M. Rodríguez Romero xoga ao equívoco ironicamente co pretexto de seren aparentemente esculturas-moble. As anatomías de persoas e animais ben se descobren en ocos que traspasan a materia, ben se ocultan baixo vestimentas de Entroido.

Nas esculturas-andeis, e mesmo nas lámpadas de pendurar, este escultor —nado en Viana do Bolo, de ampla tradición carnavalesca— xoga cos baleiros, podéndose afirmar aquilo que dicía Sartre acerca de Giacometti: o baleiro é o pleno, fluxo despregado; o real fulgura.

A figura retórica da prosopopea maniféstase en todas as súas tallas de animais, que gozan de calidades propiamente humanas, como no Entroido, onde todo se deturpa coa fin de que o home libre afirme a súa dignidade contra as institucións que a cohiben.

Vese no sentido das súas obras un diálogo da tradición coa modernidade, facendo boa esa frase do crítico de arte Robert Hughes de que en arte non hai progreso, senón flutuacións de intensidade. Así mesmo, trátase dunha escultura dende o enraizamento, a identidade fronte á globalización. Así o boteiro de Vilariño de Conso é unha lámpada; o merdeiro de Vigo, un armario-andel; o felo de Boborás, todo el un andel; a madamita de Entrimo, unha lámpada de parede; a pita das Eiroás, un andel-lámpada; a libeliña-pantalla de Xinzo de Limia, unha lámpada de pendurar; a cadeira-boteiro é propiamente unha cadeira; a labardeira de Mugares (Toén), unha lámpada de madeira policromada; o peliqueiro-andel, todo el unha escultura-andel de grandes dimensións; a mula do Entroido de Viana do Bolo, un escritorio-lámpada; a madama e o galán de Cobres son lámpadas de lousa, azulexos, madeira e ferro, que nos remiten ás Arts & Crafts, que foron a base do Modernismo do século XIX. Ao mesmo tempo, esa tendencia a estilizar as figuras, afastándose do realismo, tamén é moi modernista.

Constitúe esta serie de esculturas per se un Entroido dentro do propio Entroido, non xa por tratarse de esculturas-moble, senón debido á predilección polo protagonismo do animal personificado, verbi gratia, o merdeiro é aquí unha ave con sombreiro en forma de galiña.

Na mula-escritorio-lámpada vemos un ready-made, que, segundo definición do propio Marcel Duchamp, é algo que o artista elixe, un obxecto común da vida de todos os días, o coloca nun contexto diferente, de modo que xa ten un novo significado, crea un novo pensamento para ese obxecto.

A ironía e o humor, o propósito de facer tabula rasa das conquistas culturais foron consignas do movemento dadá; o propio Entroido é dadá e surrealista polas formas plásticas e a desacralización dos valores morais que propón. E nesta exposición hai moito de dadá e surrealismo.

As cores son planas e vivas ao servizo do iconismo. O mesmo ocorría na escultura clásica grecorromana ou na escultura románica.

Como obra singular dentro do conxunto da exposición, debo destacar a fonte de gran tamaño, que é unha verdadeira alegoría do Entroido, onde parece que todos os seus elementos cobran vida, con movemento e torsión, lonxe do hieratismo premeditado doutras tallas, nun país das marabillas onde nada é o que parece: o gran tambor, o boteiro que o domina todo ameazante, a árbore como símbolo do bosque e a natureza galega, bestiario (oso e mula), gastronomía (chourizos e androllas caendo como auga dos canos). O espírito do Entroido está vivo nesta obra colosal e, se cadra, a máis surrealista de todas.

Convido o espectador a revivir o espírito soterrado no zume das raíces dos arboredos, tallados con sabia man por A. M. Rodríguez Romero, que chega até nós en metamorfoses de gritos de liberdade e identidade dun pobo.


Luís Antonio Vázquez Estévez (2023). Historiador da arte


O feitizo do meco levado a arte

Piquico é o nome escollido por Ángel Manuel Rodríguez Romero. Tamén nome artístico. Pintor, debuxante, escultor, pensador. Artista revolucionario no senso de que non se acomoda ao normal sentir condicionado dos tempos actuais. Mira a forma dunha maneira comprensiva pero crítica, nalgúns casos ácida, ácida como o humus preto desa súa terra, rica nese substrato nutritivo que achega acidez.

Leva centrado no Entroido e nas súas cousas uns cantos anos. A súa pertenza a Viana do Bolo, vila que forma parte do circuíto entroideiro da provincia de Ourense, atrápao xa dende moi novo para esta materia festiva, de xeito que pasará a ser un elemento recorrente na súa obra artística.

Con formación en Belas Artes (Universidade Complutense de Madrid), faise profesor de instituto en artes plásticas (Vigo), asunto este último que o achega ao mundo da «conferencia pedagóxica», iso que el chama «o camiño»: método baseado en que cada alumno trate de atopar primeiramente o seu horizonte, o gnothi sautón do oráculo que se propuña no pronao do templo de Apolo en Delfos.

Piquico xa hai tempo que «leva no camiño» e «leva para o camiño». Expresado en pensamento de Eduardo Galeano, deixa que a obra o olle a el, que o olle moito, case tanto como el a sopesa e admira. Non chega a saber de certo se existe desemellanza entre o obxecto artístico que está a «artesanar» e o seu propio ser, aínda que no remate dáse conta que a obra —que está a observalo— dalgún xeito convértese no seu mestre. Artista e obra, obra e artista, van configurando os distintos treitos do camiño.

Hoxe atopámonos ante a manifestación dun deses pasos ou traxectos importantes de Piquico no camiño cara á súa Ítaca particular —longo e venturoso camiño lle desexamos— e cuxo resultado se amosa na presente exposición centrada no Entroido.

O feito de ser natural de Viana do Bolo, berce dun dos entroidos tradicionais, espertarían dende neno a súa particular forma de sentilo; o que o leva a estudalo dun xeito etnográfico e crítico. A observación é directa, en campo e coa axuda da fotografía; pero tamén mergullándose nel e deixándose invadir dese espírito, dos diferentes espíritos que cada entroido zumega e transmite de xeito particular. Cando a moura ou trasno que transmiten os personaxes do Entroido toma ou goberna o humano, ao portar este os aditamentos para esa transcendencia (máscaras, polainas, cinchas, chocallos, pantallas…) e en medio do fulión, o sentir de Piquico entra en alerta, sendo posuído por ese estado alterado que comparte co resto dos celebrantes. Mais o seu transo está a ser compartido polo seu particular mestre que é a obra futura. Mergúllase na festa, si, pero xa está a traballar, está a confeccionar camiño para conferirnos a expresión condensada desa maxia, desa sensación máis alá do mecánico e científico, afastada do transhumanismo.

Velaí como poderedes ollar e entender o que está a pasar nesta magna exposición, máis alá dunha posible análise sintáctica que poña en evidencia as influencias que todo artista recibe. Non é agochable que en Piquico puidésemos notar influxos de certas vangardas artísticas presentes e pasadas (surrealismo, cubismo, dadaísmo, puntillismo…) advertíndose algún grao de paralelismo con certos autores como o cubano Wifredo Lam, Dalí, Miró, Kandinsky, Chirico, Laxeiro… incluso, con matices, Goya ou o Greco. Mais Piquico é un verso ceibe e transcende o mundo onírico de Lam e dos outros para deixarnos gozar ao xeito do Bosco desa «mourería entroidesca»; dese arrebato e extravío dionisíaco que el transforma en mobles-escultura. A madeira empregada que el escolle con rigor de artesán vello, acada a forma desexada con gran dose de amor, sendo revestida con vibrantes e festivas cores planas, tal como veñen sendo os traxes e adobíos do Entroido.

Estamos sen dúbida ante un artista que non nos deixa indiferentes. Un shock para os sentidos. Unha obra que admite máis dunha ollada. Máis dunha relectura.

Xan Rodríguez González (2024). 

Expresidente da Delegación de Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Expresidente da asociación O Sorriso de Daniel


El influjo del antruejo

Una nueva exposición de Ángel Manuel Rodríguez Romero, cuyo nombre artístico por decisión propia, pasaría a ser Piquico. Nueva exposición sí, pero no una más. Esta muestra aquí, en esta tierra, no tan alejada geográfica e históricamente de su Galicia natal, le hizo desde un primer momento, mucha ilusión. Galicia en su devenir histórico, pronto formó parte del reino de Castilla y León.

Artistas que se aproximan al carnaval hay muchos, pero que lo hagan de una manera tan especial, tan apasionada —casi me atrevería a decir «especializada» como Piquico— ya no hay tantos. En su recorrido por las distintas zonas del carnaval, tanto en la geografía española como portuguesa, fue recogiendo la sustancia de lo que allí emanaba, dejándose impregnar por el rezumo de cada una de las fiestas —es buen fotógrafo, de esos al estilo de Robert Capa; de los que fotografían la esencia, principalmente—. En el carnaval de su villa natal —Viana do Bolo—, pudo llegar a ver figuras llegadas allende El Teleno; figuras del antruejo de León. Es habitual que de todo lo vivido en los distintos festejos, así como de la documentación recogida, se proponga efectuar un resumen que plasma de una manera sintética. Normalmente toma la forma de cartel ilustrado, con las diversas figuras del carnaval correspondiente. Cartel en el que incorpora la cartografía del territorio para mejor situar.

A decir de Sara Lombas, en su artículo sobre los carnavales tradicionales en León: «en León hay antruejos, antroidos, entroidos, zafarrones... todos con nombres diferentes pero similares en cuanto a las ceremonias que se llevaban a cabo». Sara reconoce que quedaron en el olvido durante décadas, hasta que fueron rescatados por vecinos y asociaciones. También apunta al porqué de la fiesta, que liga a cultos y ruegos de un pueblo en origen de base agrícola, pueblo que, hoy en día, ataviado con indumentarias que diferencian a cada uno de los personajes, continúa la tradición: «con ayuda de los diferentes personajes (antruejos, guirrios, burras, toros o zamarrones dependiendo del lugar) los vecinos de los pueblos leoneses trataban de expulsar las posibles escasas cosechas, enfermedades y pobreza. Lo hacían mediante golpes, tambores y fuego» (ILEÓN).

Piquico resalta, y del estudio efectuado en la provincia leonesa, que uno de los principales protagonistas de los distintos antruejos era el toro y la vaca: toros, toras, vacas y vaquillas. Y en ese olfato para detectar «esencias en los frascos», reconoce que el antruejo con toro o vaquillas, tal vez fuese; sino una de las expresiones más primitivas —sin demérito en este aspecto de las otras—, tal vez la que más. Un eco superviviente de aquellos primitivos cultos de las sociedades agrícolas del Mediterráneo. Convencido de ello, toma la decisión y voluntariedad necesarias —para la presente exposición de Mansilla de las Mulas—, de querer ofrecerle al público leonés el «lance del antruejo». Un lance cuyo «influjo» trata de plasmar mediante estos toros o vaquillas aquí expuestos. Toritos que además son mueble, ya que afirma, parafraseando a Quintiliano: «la verdadera belleza nunca está reñida con la utilidad». La gran mayoría de las esculturas de Piquico tienden a ser útiles: lámparas, mesados, sillas, arcones… muebles que quieren ser portadores de «la memoria de las palabras y las acciones de los héroes».

Tomada pues la decisión, nuestro hombre se sumerge en obra. Atrae al taller, tal cual se tratara del mago Merlín, las esencias de los entruejos de las diferentes zonas. Primero son bocetos. Esquemas de pensamiento-obra. La forma inicial, un tanto imprecisa a veces, trata de condensar los muchos planteamientos; hasta que se decantan y pasan finalmente a tomar una forma cuasi definitiva. Ensambla maderas en el taller que inicialmente conforman masas no precisas del todo, pero cargadas de intención. Esas masas que, al ser desbastadas, escofinadas, lijadas y pulidas, pasaran a definir esos «ANTRU-E(i)XOS» o «ANTRO-IO». Antropomorfización de lo relacionado con «Io», la vaca —entiéndase asimismo el toro—. «Io», la Perséfone de la mitología griega que tiene un hijo con Hércules: Sagreo o Zagreo, hijo a quien Hera trata de destruir recurriendo al servicio de los titanes. Zeus advierte a Sagreo del peligro que corre y propicia su metamorfosis en toro, para eludir el acoso de sus perseguidores —Sagreo es así, el protagonista involuntario de una auténtica «corrida de toros»—. Capturado este, ciertas partes de su cuerpo escapan a la voracidad de los titanes: su corazón es rescatado por Atenea y su «piel de toro» por Apolo. En palabras del historiador, filólogo y escritor Jorge María Rivero San José-Meneses, «Io» sería: «la auténtica madre de todos los D-oses, creados por el hombre primitivo... culto tributado a la D-sa (Io) o (Yo) por aquellos antiguos pobladores». También nos habla de las amazonas, de las que dice ser un pueblo exterminado por los griegos, y que sin duda constituía —ya en su tiempo— una auténtica reliquia histórica (pueblo heredero directísimo de las sociedades matriarcales de la más remota prehistoria). Rivero enlaza con lo ya estudiado y ampliamente desarrollado por la historiadora y arqueóloga Marija Gimbutas. Se tiene constancia, nos dice, que el deporte predilecto de las amazonas eran las corridas de toros. Practicaban la caza del toro a caballo; con lanzas, picas y mazas. Aquellas corridas primigenias de las amazonas han derivado en las modernas corridas de toros y otras manifestaciones populares del hombre; incluso actualmente, pues, y en palabras de Piquico: «la cultura popular cambia y actualiza sus producciones».

No es de extrañar que nuestro artista, queriendo captar el espíritu que subyace en la celebración de los antruejos, trate de recrear al toro en esos «lances». Recrear esa «piel de toro» portada por los «celebrantes» viene a validar lo dicho por Françoise Loux: «debe formarse una armonía entre su cuerpo [el del hombre] y el universo, entre lo natural interno y la naturaleza externa». Acto taumatúrgico que tiene como «médium» al autor, al artista, y que tratará de establecer la conexión entre los dos mundos: «el sagrado pasado oculto» y el presente útil, aun cuando no es menos sagrado este último, pues, y en sus palabras también: «podría parecer que hoy en día no hay mitos; y, sin embargo, al plantearse actualmente, vemos que vuelven a sonar como viejas respuestas a viejas preguntas».

Surge así y para estos toritos de Mansilla, una representación de la piel de toro que Piquico artesana en su taller. Toros-mueble que no solo personaliza, sino que trata de hermanar con elementos del carnaval galaico; operando a semejanza de un fundido cinematográfico. La piel del animal pasa a tomar una configuración formal similar a la del tratamiento dado a sus pantallas o caretas del Antroido. Las de su tierra gallega. La pantalla como imagen de algo demoníaco, de lo desconocido con poderes: habitualmente con cuernos y decorada con motivos astrales —dígase el sol—, en clara conexión con la figura del toro.

Piquico es un artista «Sancho Panza», se esfuerza en tratar de darle utilidad a su obra. Quiere que sean bellas «ánforas» de la fiesta, y de ahí su esfuerzo en tratar de contener el agua. Lo demás —una parte significativa de su obra se encuentra aquí expuesta—, demuestra a las claras el buen hacer de este artista. El color, el trabajo de la madera —cual artesano mejor—, el cómo afronta la interpretación de las distintas figuras del carnaval allá por donde va, haciendo inmersión en el acto, pues termina sumergiéndose con los demás celebrantes.

Piensa, pero siente más. Quiere expresar lo cósmico a través de sí mismo, actuando como un hilo conductor. La obra y él se funden en una retroalimentación constante, tal como sucede con la expresión caligráfico-pictórica de los niños de pocos años, en donde sus garabatos, esos garabatos, ya contienen la pulsión del hombre; del ser humano en su relación con su posición en el cosmos.

En Piquico, y desde un punto de vista puramente artístico, pueden notarse influencias de ciertas vanguardias artísticas (surrealismo, cubismo, dadaísmo, puntillismo…). Con todo, es un verso libre y transciende mundos oníricos de artistas como Wifredo Lam y otros muchos, para dejarnos disfrutar, a la manera del Bosco, de esa «brujería carnavalesca»; de ese arrebato y extravío dionisíaco que él transforma en muebles-escultura. Este es el arte de Piquico, el artista que presiente el carnaval. No creo que su obra deje a uno indiferente. Su contemplación, aun cuando puede que nos impacte a primera vista, admite múltiples lecturas, por lo que animo a una atenta y curiosa mirada. Más aún a su disfrute.

Xan Rodríguez González (2024). 

Expresidente da Delegación de Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Expresidente da asociación O Sorriso de Daniel


Suxestións de Entroido para mobiliario segundo Piquico

Mobles-esculturas baseados nas icónicas representacións do Entroido na provincia, principalmente, amosan a creatividade de Ángel Manuel Rodríguez Romero, alias Piquico (n. 1965, Ourense). Considerado en Vigo como pintor e escultor local, por máis que o vencello seu de sempre sexa, dende as raíces familiares, a senlleira vila de Viana nas terras do Bolo, no montuoso leste provincial. É, como Antón Pulido, Bieito Ledo ou Xulio Gil, que son tan de Vigo que son de Ourense.

A obra que amosa no multiusos cultural da Deputación provincial este profesor de instituto en Vigo, licenciado en BB. AA. na Complutense, deuse a coñecer na sala municipal de Monterrei a finais de 2021, mostra na que o artista deu a coñecer tamén as súas acaídas pinturas, de intensas cores, traendo agora a Ourense unicamente as pezas de madeira. Parte o escultor do Entroido e das súas figuras tótem, ante todo os da súa terra, os boteiros coa súa monca e a mula, e os das comarcas do redor, mázcara de Manzaneda, peliqueiro de Laza, felo de Maceda, pantalla de Xinzo, cigarrón de Verín... aos que engade a pita de as Eiroás, a labardeira de Mugares e o felo de Boborás, e ademais o cabalo dos xenerais da Ulla e o merdeiro de Vigo, que transforma-transmuta en mobiliario de rechamantes cores, aquel un botelleiro, este unha mesa, e outros cadeiras, espellos, aparadores, repisas ou lámpadas de pé. Velaquí o seu xogo escultórico-artístico sen perder a esencia de raíz antropomorfa das senlleiras formas que, sempre en movemento subversivo da troula entroideira, converte en útiles estáticos para o fogar. Son de destacar as calidades táctiles da súa carpintería e ebanistería con madeiras escollidas de piñeiro, castiñeiro ou cerdeira, que combina con lousa, mármore e granito no «pajarraco» de Carracedo da Serra e Vilariño de Conso. Son pezas orgánicas figurativo-xeométricas, nas que especula coas cores e a ensamblaxe, en clave necesariamente cubista e surrealista, achegándose aos territorios da decoración.

Xa o catalán Salvador Dalí tiña experimentado dende o surrealista en 1936 o concepto das figuras con caixóns na Xirafa en chamas ou a Venus de Milo con caixóns a medio abrir, e que só a psicanálise é quen de interpretar. E tamén o escritorio antropomórfico. Máis preto de nós, Francisco Pazos (n. 1961), un dos grandes escultores galegos, ten feito nos anos noventa mobles patchwork tanto na estrutura como nas cores, que sendo armarios ou mesas seguen a ser esculturas, que combina con formigón ou aluminio en buscadas asimetrías. E se en Dalí foi un transunto persoal da súa psique mesturada co movemento surrealista as obras de arte de Pazos son creatividade ex novo. Ámbolos semellan horizonte para Rodríguez Romero quen parte das figuras ancestrais que non se disfrazan no tempo anual de Entroido, antes ben vístense... Mais a peza estelar é a fonte- rotonda, síntese holística de oito diferentes figuras tradicionais da gran festa dos días previos á Coresma no chafariz, e tamén comida, que coroa o Boteiro, sendo a pía de base un bombo. Cada peza é como unha nota illada dunha melodía, sen significado de seu, mais a inspiración da fonte é, en si mesma unha melodía do Entroido no espazo. Velaí Entroido, Mobiliario vestido, exposición no hall do CCMV, que continúa na sala 0.


Xabier Limia de Gardón. (La Región, 20/02/2023)


Piquico. Vestido de Entrudio

A madeira como materia prima para a creación artística non sempre foi unha opción moi celebrada polos artistas. Trátase dun material, nobre, que ofrece menos posibilidades que outros, nos que a obra sobrevive mellor o paso do tempo. A talla de madeira adoita ser imaxinada como un exercicio demasiado clásico e/ou supostamente afastado das inquietudes da arte contemporánea.

Piquico atrévese a reinventar o que se pode facer con ela. A súa obra ten un significado cultural profundo e significativo para as raíces, tradicións e crenzas dos aborixes da montaña do sueste ourensán. Só a arte permite combinacións tan extraordinarias de tradición e cultura como as que se dan nas pezas que exhibe Piquico. A mestura dinámica do clásico co contemporáneo viste cada peza cun espírito atemporal que non está rifado coa usabilidade.

Estraña beleza. Grazas, Piquico!

Pedro G. Losada. Fotógrafo (2023)


O principio de algo realmente importante

Aquí hai moito traballo, que parece que flúe sobre unha xeometría sacra tridimensional. O meu querido amigo e compañeiro de vida é así; a vida non é tan fácil nin sinxela. Creo que esta exposición é o principio de algo realmente importante, xa que en si o é, pero lévache a mente a mundos moi suxestivos, os trasfondos do entroido ourensán e de Viana do Bolo, en todo un mundo imaxinario, colorista, sutil, moi sutil, cheo de vida, movemento e moi divertido.

Non falta nin sobra nada.

Todo parece comunicarse entre si formando un todo fabuloso. Lémbrame a infancia, eses soños de personaxes marabillosos, que parece que van recobrar vida e saír a celebrar o Entroido.

Con isto, retírome para deixarlles o seu camiño e que saian e sexan felices.

Grazas, Piquico. Con todo o agarimo!

Carmen Quintero Domínguez-Luna. Doutora en Belas Artes (2023)


As raíces na terra

Piquico é un gran debuxante, pintor e un bo escultor de obras articuladas que me levan á emoción, nas que reflicte personaxes dos entroidos. Marabilla de obras escultóricas. Estamos ante un artista de raíces na terra, que bebe nas fontes dos grandes mestres dos que adquire forza e, usando diversas ferramentas, dá forza ás súas obras de escultura, matices á pintura e trazos firmes nos seus debuxos. Piquico desenvolve os seus proxectos personalizándoos e facendo súas diversas disciplinas, grazas aos seus coñecementos en Belas Artes, carreira que cursou na Facultade de Belas Artes en Madrid na súa xuventude. Marabilla de artista cos pés na terra!

Mercedes Vázquez Saavedra. Fotógrafa (2023)


Piquico, artista multidisciplinar

A obra de Piquico non deixa indiferente, rompe moldes, abre as portas ao mundo da fantasía, a través das súas obras.

Na súa exposición as máscaras son un referente.

Piquico é un artísta multidisciplinar que parte de bocetos que realiza con mestría. O artista ten unha base na que se apoiar: debuxante, pintor, escultor, lector...

Piquico parte dun traballo de fondo de moitas horas, no seu obradoiro recrea personaxes, animais, obxectos, que reflicte nas súas obras. Esculturas nas que mestura elementos dos entroidos e máscaradas que fai levitar e voar polo ar, ao modo de Chagall. E noutros casos o escultor mostra obras que semellan saír da hamadriada das caracochas das árbores, onde a máxia está servida. Piquico convida a soñar...

O artista galego ama os fulións e boteiros da terra que tanto ama Viana do Bolo, onde fixo moitas exposicións. Pero Piquico tamén recrea outras máscaras galegas, portuguesas, leonesas, zamoráns, etc dando renda solta a súa creatividade. O traballo do artista é singular, seus personaxes, carátuas, figuras animais, como os touros ou bois, e outros elementos que forman parte das máscaras levitan.

Piquico debuxa, pinta, crea esculturas de madeira e doutros materiais, figuras filiformes cheas de buratos polos que convida a entrar, despoxando as obras do peso da materia, na busca da esencia.

Piquico é un artista que convida a soñar.

Mercedes Vázquez Saavedra. Fotógrafa (2024)


Martes de carnaval

«La magia responde a fines muy diversos, tales como los de someter los fenómenos de la Naturaleza a la voluntad del hombre, protegerlo de sus enemigos y de todo género de peligros y darle el poder de perjudicar a los que son hostiles» Freud

Bajo el título Entroido, Mobiliario, Vestido, Escultura, se presenta un proyecto expositivo extraordinario, dinámico y vitalista a través del discurso de Ángel Manuel Rodríguez Romero, Piquico, cuyo efervescente lenguaje plástico convierte en una sorprendente propuesta esta magnífica exposición que tras la monumentalidad distorsionada de su imaginario inspirado en el carnaval, oculta la alienación contemporánea causada por el transhumanismo, la tecnología, los mass media y el consumismo masivo mediante los cuales la globalización capitalista consigue esclavizar a la sociedad. Un proceso como el señalado por Marcuse donde el grupo humano tiende cada vez más a la uniformidad de criterios y al pensamiento único ante una normalidad represiva y subliminal que impone en su homogénea igualdad el perfil más bajo, anulando la libertad del individuo como ser único.

El mundo fantástico de Piquico es el de El bosque animado de Fernández Flórez poblado por seres convertidos en tótem que dotan al espacio de una energía mágica e identitaria de pueblo, tan brutal como pagano como el esperpento de Valle-Inclán, con el factor democratizador del entroido como libre manifestación de la antropología cultural ourensana. Hibridaciones que se presentan como entidades de gran magnitud y fisicidad en una cartografía mestiza y mitológica, humana, animal y vegetal cuyas raíces se entrelazan en simbiótica relación, concepto e identidad, tradición y modernidad en la progresiva humanización de las formas convertidas en icono, símbolo y arte mobiliar. Utopías, teriantropías, criaturas mitológicas y fusión cultural se convierten en actores de un discurso profundo y filosófico que reivindica el cambio social desde la educación y la autonomía de pensamiento frente a la deshumanización como sistema de dominación y poder.

Revisa el concepto dadaísta del ready-made con esculturas aparentemente funcionales, aunque sus muebles, retratos de las máscaras propias del entroido ourensano, no mantienen su uso ni funcionalidad, ya que no pierden el carácter inútil y aurático de la obra de arte. Esculturas exentas de bulto redondo, realizadas a partir del desbaste de la matriz de madera con la incorporación de distintos elementos a través del ensamblaje que rompe el efecto bloque en base a la poética de los vacíos que dialoga en su ausencia con la masa y una geometría cubista que estructura en el lenguaje de las formas su contenido surrealista.

El artista descubre en cada pieza la materia que preexiste y la libera, despojándola de la masa que la atrapa y con la talla le devuelve su identidad y la viste, con una interesada policromía plana de alta intensidad para subrayar su iconismo, porque cada pieza que crea tiene su identidad propia, aislada y soberana en la hipertrofia de sus extremidades, adelgazándose hasta la estilización en a pita de As Eiroás, ostrilion imaginario de gran vitalismo, en el equilibrio inestable del boteiro pajarraco de Vilariño de Conso, en la aérea forma de la lámpara libeliña-pantalla de Xinzo de Limia o la mázcara-botelleiro de Buxán, O Bolo.

Gastronomía, folklore, naturaleza, tradición, elementos simbólicos propios del fulión de Viana do Bolo, Vilariño de Conso y Trives, bestiario propio como o oso de Sande y a mula de Viana, morena de Laza, además de los personajes del entroido que elevan los rostros bifaces o multiformes en sus dinámicas con radiante energía: peliqueiros, pantallas, cigarróns de Verín y Oímbra, o zarramoncalleiro de Cualedro, felo de Esgos, vergalleiro, madamitas y boteiros en una monumental oda al mito ancestral, a la bacanal romana y al renacimiento de la naturaleza, Rotonda do entroido como imagen autóctona del carnaval agrícola, experimentando con distintas texturas y materiales como forma narrativa, helicoidal y sincrética de original creatividad y entusiasmo vitalista.

Piquico disecciona el espacio mediante huecos perspectivos que compartimentan los volúmenes en planos de color, aislándolos y recupera en los volúmenes el protagonismo de la distorsión expresiva, investigando en la alternancia de planos vacíos y planos de textura intervenida por hilarantes e inteligentes retratos realizados con trazo expresionista y talla maestra de máxima elocuencia en su discurso excelente.

Tareixa Taboada. (La Voz de Galicia, 13/02/2023)


O baile do boteiro. Poema en imaxes

Gaveliña de casas que locen

como estrelas na man do boteiro

anuncian aos ventos que foxen

que o Entroido anda preto.

Estandartes dun tempo festeiro,

baixo o paraugas da troula xorden

os dous lardeiros.

Ri a máscara coa súa boca de fume,

espantando os espíritos do averno.

Deuses de carne tanguen redobres

esquecendo a escuridade do inverno.

Poderío e forza no seu porte,

tempo de festa e desexos.

Ata as árbores espertan do seu sono

cando o fulión comeza.

No silencio da vila roxe o bombo

baixo o son das aixadas que escorrentan

trasnos e demos.

Deus remeiro, que cruzas as augas,

detén o reloxo do tempo

porén, non hai dores nin bágoas

a carón da túa monca feiticeira.

Imos de Entroido a Viana na nosa mula,

morra a pena e a xenreira

a carón da romaría da comparsa que comeza.

Bota que bota, xira que xira,

burlando a morte celebra a vida:

baila, boteiro, que a vila é túa.

Versos de Manuela Vicente Fernández. Poeta (2024)


Despertando ese « algo »

La obra de Piquico gusta a todo el que la observa pues se comunica a través de algo profundo, mágico y ancestral común a todos. Es un pasaje a una realidad interior sepultada por el mundo en que vivimos, pero que sigue ahí dentro, adormecida, esperando a que algo la despierte. Ese «algo» es Piquico y su manifestación, a través de su obra, de la realidad inherente universal del fondo de nuestra alma, en la cual todos somos seres mágicos.

Las texturas, colores, formas ondulantes, maderas suaves, metales mates, papeles…todo ello formando un todo armónico que dan ganas de tocar y sumergirse en ellos. Muebles diseñados y pensados con el alma de un artista que busca la belleza y sabe trasmitirla. Muebles-escultura que tienen la musicalidad de los ritos ancestrales y la poesía de lo tradicional y que buscan darnos cobijo en un mundo tecnológico y de cosas hechas en serie y carentes de vida.

Viendo esos muebles esculturas desde el punto de vista de una profana (no soy artista sino diseñadora) sorprende la técnica con que trata la madera, esas formas sinuosas y orgánicas que parecen marcadas por el agua pero han sido las manos hábiles y cuidadosas de Piquico las que han trasmitido serenidad y profundidad a las maderas. El despojarlas de barnices hace que el tacto sea amable y natural, sin artificios, posibilitando el contacto directo con un material noble y cálido como es la madera. Por si fuera poco, Piquico ha sabido combinar, sabiamente, con otros materiales para formar un collage enriquecedor para los sentidos con un equilibrio armónico de serenidad de la madera con la fuerza del color y los estampados y lo mate de los metales.

Punto y aparte merece el diseño de sus obras y la increíble capacidad de saber combinar el espíritu del entroido con objetos funcionales en los que la línea con lo escultórico se difumina dando lugar a unas obras realmente únicas ya no solo por su calidad y belleza, sino por su concepto.

Gracias Ángel, Piquico, por hacernos despertar para poder volver a ese lugar primigenio en el que somos seres auténticos y puros.

Marta Riveiro Hojas. (2025). Deseñadora


Piquico: Soño e Verdade

O mundo artístico de Piquico é unha translación do entroido, como celebración da vida trala resurrección do Home, á vida cotiá. Todo un bestiario popular que se nos revela como unha acción rebelde do Home, xenuinamente libre, máis sometido á cultura do poder, que amosa as súas entrañas hipotalámicas e os seus desexos de ser Verdade esencial. Os mobles vestidos con rechamantes cores sólidas e icónicas, que lembran un tempo ancestral, habitan o espazo. O espazo baleiro percorre zigzagueante as cavidades que articulan as súas esculturas, feitas con madeira e pedra diversas e autóctonas, talladas e ensambladas con mestría artesá e evidente intención artística, que así é a Arte dende que o Home ten vontade.

A parte de ser un verdadeiro catálogo etnolóxico e visión antropolóxica do noso País galego, as máscaras, literalmente "persoas" no grego antigo, fican gravadas nas nosas retinas como un desfile onírico tras contemplar a súa obra.

O xogo e a evasión probablemente sexan as accións máis profundas do ser humano. Se "a cultura é a coerción dos instintos", como dicía Freud, o entroido é unha cultura popular de liberdade que subvirte a cultura do Poder e paradoxalmente libera os instintos. Piquico, do mesmo xeito, libera os seus instintos e talla seguindo as veas da madeira, coa súa savia que rezuma, ancestro, profundo e terra; todo rexorde e renóvase e mesmo permanece.

Os topoi do antigo, prehistórico e romano, tempo inmemorial do que non temos máis referencia que o entroido celebrado ano tras ano, móstransenos con formas ambiguas, irónicas, sarcásticas e estrafalarias por un Piquico demoledor, que destrúe a orde establecida para marearnos como un tiovivo de feria.

Esculturas que incorporan obxectos cotiás, a prol dunha maior inmersión na cotidianiedade extraordinaria, como unha Alicia que invirte o cosmos; son auténticos e clásicos ready-mades, que dan un novo sentido ás cousas que vemos no mundo real. Pero a súa obra fundamentalmente escultórica complétase dun modo compacto e homoxéneo con numerosos bocexos, que xa son obra de arte per se in itinere, debuxos e óleos, os cales manteñen o mesmo estilo e leit motiv, máis multiforme e absolutamente divertido.

Definitivamente é unha obra para soñar, soños sanadores que deturpan a rutina da alma, calidoscopio e espello deformante, pero, á súa vez, absolutamente realista : escultura vestida, verdade núa.


Luís Antonio Vázquez Estévez (2025). Crítico de Arte


O entroido: Unha festa modelada por Piquico

Falar de entroido, é facelo da festa que acubilla a maior concentración ritualística e con maior variedade de actores que temos tanto en Galicia como en moitos lugares desta aldea global na que vivimos. Unha amálgama de oficiantes que lle dan vida a este ciclo anual de renovación, de trocos, de trangresión e de caos organizado, sobre os que se asenta esta celebración coa que xa as comunidades precristiás buscaban darlle a volta ao status establecido, sempre coa intención de facilitar a chegada da luz da primavera como esperanza de vida e fertilidade ante a escuridade reinante nos tempos da invernía. Todos estos rituais favorecedores que propiciarán unha nova orde que camiñe cara unha mellor vida, hai que entendelos e estudalos dentro dos seus contextos; temporal (a invernía), cultural (entendendo a cultura como un conxunto de coñecementos, crenzas e costumes que caracterizan ás sociedades humanas organizadas) e espacial (cada ritual e cada celebración teñen que ser entendidos dentro dun lugar xeográfico). Son estos contextos os espazos nos que os actores da festa desenrolan os seus ritos de fertilidade, reciprocidade, confrontación, paso, inversión, cuestación, caos, comensalidade e mesmo ígneos e esconxuradores, entre outros moitos. Toda esta ritualidade estaría carente de sentido se non fose oficiada no seu tempo, no seu lugar e acorde aos parámetros culturais da comunidade que os acolle.

É precisamente aquí onde entra en escea a obra que neste senso nos regala Piquico, desta volta cun libro que resulta ser un elo máis desa cadea de creacións que coa temática do entroido conforman unha especial parte da obra deste xenial artista. Nas páxinas que seguen podemos ollar a moitos dos oficiantes do entroido, tanto nas súas versións antropomorfas, como zoomorfas e liminais, que o seu maxín, unido a un innato talento, foi modelando, debuxando e pintando de xeito tan grandioso e persoal. Sen dúbida, todas e todos os que amamos esta festa debemos estarlle altamente agradecidos por ter posto ante os nosos sentidos, unha obra de tanta calidade e de tanta veracidade. Porque do mesmo xeito que é o entroido un tempo no que como ferramentas para espertar o mundo soan bombos, chocas, esquilas, cornos, bucinas e martelos que baten contra o ferro das aixadas; tamén os debuxos, esculturas e pinturas do autor espertan os nosos máis fondos sentementos emocionais e sensoriais.

Tal e como comentaba, os actores do entroido cumplen unha función en cada un dos rituais, posto que todo ten unha orde e un sentido, nada sucede porque sí. E isto é precisamente o que dende a miña interpretación fai especial a obra de Piquico, pois cada máscara que debuxa e modela leva impregnada a súa esencia e a súa identidade. Non sei como o fai nin como o consegue, supoño que eso formará parte da excelsa maña do artista, pero o que sí que sei é que o disfruto cada vez que quedo parado ante unha das súas pezas.

Neste libro o lector poderá achegarse a máscaras convertidas en mobiliarios, que do mesmo xeito que as orixinais, tamén están deseñadas para cumplir unha función que Piquico logra respectando de xeito fiel tanto a estática como a dinámica das mesmas, entendendo a estática como as partes, formas e cores da vestimenta, e a dinámica como o conxunto de movementos que as citadas máscaras realizan durante os ritos. Camiñaremos, entre outros, a carón dunha Mázcara de Buxán que, a xeito de botelleiro, permítenos adiviñar os movementos xiratorios que fan na aldea; dunha lámpada Labardeira dotada de cores e siluetas absolutamente iguais ás que ofician en Mugares; dun cabalo da Ulla que semella estar en équido movemento mentres os estantes descansan nas súas extremidades posteriores; dunha Mula que convida a sentar para que no seu lombo bonachón poidamos escribir as nosas lembranzas da festa; e tamén dun Volante do entroido Ribeirao cuxas cintas caen cara o chan, movidas por un vento imaxinario que únicamente os xenios son capaces de conseguir. E como o entroido é unha festa sen fronteiras, atrévese tamén Piquico con elementos dos antruejos de Castela e León, incorporando na súa proposta imaxinativa moitas máscaras entre as que podemos reseñar aos Touros de Llamas de la Ribera e Pombriego, ideados como soportes nos que colocar as nosas bombillas ou aquelos licores que figuran como elementos esenciais dos rituais de comensalidade que, neste ciclo festivo, unen á comunidade e reforzan o sentemento de pertenza á mesma.

En canto á pintura, fai especial parada no que acontece na súa vila natal de Viana do Bolo, lugar de forte tradición entroideira no que esta festa latexa na idiosincrasia local como unha real forma de vida. Os Boteiros, as androllas, os Lardeiros, a Mula, o Maragato, e como non, os bombos e as aixadas do fulión, conforman unha colección de óleos e acrílicos sobre táboas, cuxas variedades cromáticas non deixan indiferente a quen as contempla. Son cadros nos que pinta figuras en certa medida misteriosas e deformadas, quizais de corte cubista, trazando liñas que engaden movemento e semellan querer retar ao espectador a entrar na escea para unirse á festa, exactamente o mesmo que sucede cando os visitantes chegan a coñecer o entroido vianés e son integrados pola poboación, para que de ser meros observadores pasen a converterse en activos participantes.

Arredor dun cento de debuxos e bosquexos feitos a bolígrafo, lapis, ceras, rotulador ou mediante técnicas mixtas, así como carteis da festa, poñen o remate a este libro e serven de preludio aos textos finais nos que podemos ler interpretacións da festa e tamén a extensa currícula do autor, que dito sexa de paso, é unha mostra plausible que evidencia a importancia e a calidade da súa obra. Para o final deixa dúas fotomontaxes nas que amosa unha parte da variedade de máscaras e personaxes dos entroidos galego e leonés. E nas primeiras páxinas, inda que eu quixen deixalo a propósito para a última parte do meu texto, temos a Rotonda do Entroido, unha escultura de 5x3 metros feita en madeiras de piñeiro, castiñeiro, cerdeira e sapeli, que sobre unha base con forma de bombo vanse asentando moitos dos elementos do entroido ourensán como o Boteiro, a Pantalla, a Mázcara, o Felo, o Vergalleiro, as Madamitas e Madamitos, o Peliqueiro, o Oso e a Mula, que comparten espazo coa fariña, cos fulións e cos produtos gastronómicos derivados do porco. É sen dúbida unha escultura de gran forza simbólica, que xunta nuns cantos metros cúbicos gran parte da esencia e dos significados e significantes da festa. Mestura os rituais, as estáticas e as dinámicas anteriormente nomeados, aspectos que se ven reforzados polo impresionante impacto visual co que as dimensións da obra invaden ao espectador. Estamos, xa que logo, ante a que dende o meu parecer é a obra artística máis importante e de maior relevancia para a escenificación do entroido ourensán. Outras dúas estatuas, neste caso sendos Boteiros, un feito en bronce e pedra que acada unha altura de 2,5 metros e outro en madeira de castiñeiro, cunha altura de 3,5 metros, realizado conxuntamente con outros tres autores, figuran colocados en sendas prazas da vila de Viana do Bolo e da aldea de Pinza, como fieis testemuñas da impronta que as creacións de Piquico deixan nas terras orientais da súa provincia; deixando claro que si o entroido é modelado por Piquico, podemos ficar tranquilos sabedores de que a nosa festa máis senlleira está en boas mans.

Carlos Xabier Ares Pérez. (2025). 

Sociedade Antropolóxica Galega. Área de Etnografía e Patrimonio Inmaterial


Piquico, mestre escultórico renovador das iconas do Entroido do noroeste peninsular.

Francisco Javier Limia Gardón[1]

Hai unha sala especial no singular Teatro-Museo Dalí de Figueres / Girona que leva por nome Mae West (+ 1980), famosa actriz e cantante dos EE. UU. de América do N. Alí o arquitecto Óscar Tusquets reconstruíu en 1975 o cadro «Rostro de Mae West utilizable como sala de estar», obra que Salvador Dalí fixera nos anos do Surrealismo, ca. 1934-1935. Cunha perspectiva alta simulou un espazo virtual.[2] Foi todo un reto reproducilo de xeito arquitectónico.[3] Deste xeito os carnosos beizos da singular artista da 7ª arte, pintados como si dun sofá se tratara, colleron corporeidade até converterse nese moble de salón. Este, co tempo, como non tratándose do Dalí "avida dollars" (André Breton dixit), foi comercializado. Este foi tamén o camiño doutra obra, «A persistencia da memoria», 1931, óleo de pequeno formato -como un folio A4-, e os reloxos derretidos pintados na obra, verdadeiras iconas, convertéronse en máquinas de parede e pulso cunha maquinaria ad hoc dunha marca comercial para marcar o tempo dende a súa estraña e singular forma irregular.

**

No Museo do Pobo Galego hai un traballo dos Peliqueiros de Laza, un diaporama da autoría do fotógrafo Xulio Gil, polo que desfilan tamén outras figuras do Entroido, Cigarróns de Verín, Pantallas de Xinzo de Limia, Felos de Maceda, Boteiros do Bolo, Mázcaras de Manzaneda, todas de Ourense, e Volantes de Chantada, Lugo, entre outras do país galego... figuras que reviven anualmente no tempo do calendario móbil eclesiástico de inverno, entre o día despois do Nadal e o mércores de cinza, día no que comezan as sete semanas da Coresma. Son formas sacras da cultura arcaica, que non falan, mais levan chocallos, esquías ou chocas, coas que producen sons..., e atravesan os tempos dos séculos como espíritos visibles que non se poder murchar. Eles, os protagonistas, teñen unhas vestimentas, trazos físicos e psicolóxicos moi precisos que caracterizan a súa prosopografía e a etopea. É recente B.I.C. do Patrimonio Cultural de Galicia, inmaterial, claro está.[4]

Deseño. Amosou o seu traballo plástico en colectivas en Madrid dende 1988, e algunhas contadas mostras individuais en Atocha, 1985, Boiro, Gudiña e Vigo, estas case co cambio de século, para seguir na sala Sargadelos do Barco de Valdeorras, Ponferrada, a Rúa e Redondela e Vigo en 2011, cidade na que repite en 2014 na sala da Xunta. En 2021 fíxoo na sala que o concello de Monterrei ten na acrópole no antigo hospital da Trindade. Xa tiña entón unha presenza visible e permanente como artista, animado polo 1º premio do "Certame Alexandre Bóveda" do concello do Grove, con mención de honra en 2001 no Simposio internacional. Así na súa terra de Viana, na que dende 2003 hai nunha praza a súa escultura en bronce do Boteiro, que se ten convertido no símbolo da vila; e en 2009, una escultura colectiva na praza de Pinza, localidade parroquial do concello. De 2004 é a do escritor e periodista "Borobó" (Raimundo García, +2003), en pedra, na Casa da Cultura de Boiro, A Coruña, vila da que era fillo adoptivo o intelectual galeguista. E en 2005 inaugurou outra dedicada aos mariñeiros, en bronce.

A elo hai que engadir os traballos de maquetación -«Artesáns do Pobo», Xunta de Galicia, 1999-, de fotógrafo -1º premio Viana, 1989; 1º premio Vigo, 1995-, e como ilustrador, caso da capa, contracapa e ilustracións para «O mar do Barbanza». Con máis visibilidade foron os diversos carteis para as festas de Viana en 1991 e 1994, ano este no que fixo o do Entroido, e en 1999 o desta última festa e o da Androia, repetindo de novo o desta festa gastronómica en 2010, no seu corenta aniversario. Todo elo unha divulgación da súa acción plástica. Mais tamén dende a pintura, e ultimamente unha serie á que lle ten posto acaídos versos Manuela Vicente Fernández, ou do revés, que "O baile do Boteiro" leva por subtítulo "Poema en imaxes".

A docencia, coa súa metódica intensidade e o traballo no obradoiro nos tempos libres, e de verán, nos que vai pulindo ideas e deseños. Dende esa intensa vocación comunicativa que vai a transformar en cada curso docente aos alumni abríndolles nas súas mentes / paredes fiestras e portas - velaquí a verdadeira angueira de profesor -, sistema que ten aplicado, mutatis mutandis, ás figuras rituais do Entroido, nas que se ten centrado, e ao tema do Boteiro, en particular. Así transfórmaas en mobles, e sen perder a súa referencia identitaria amosan unha transformación de seu dende unha creatividade aplicada para renacer como imaxes novas. Dende os debuxos e a elección da madeira, moi variada - castiñeiro, carballo, nogueira, olmo, sapeli, incluso piñeiro e tamén cereixo, ou iroko e jatova, máis exóticas -, fai un minucioso traballo de talla, ebanistería e carpintería artística. As obras teñen todas una rechamante e vistosa policromía. Mais é engaiolante os axeitados elementos complementarios que engade para os transforman. Eis unha coidada operación de ensamblaxe, un ready-made...

Obras que son amores...

Así vestidos, de cores e complementos, os escultóricos mobles ábrense como flores ante o sol do día, e ofrécense ao mundo dos sentidos. Da Mázcara de Buxán / O Bolo, coas súas cintas, cal botelleiro, ao Merdeiro de Vigo, o Felo de Feáns/Boborás, o cabalo dos Xenerais do Ulla ou o Peliqueiro de Laza, todos reconvertidos en estantes; sendo o Boteiro de Viana armario con estantes e a Pita de As Eiroás, barrio de Ourense como moble-estante con lámpada. A Mula de Viana como escritorio coa súa lámpada tamén; e dende a Labardeira de Mugares, fermosa estatua con xeneroso corpo de muller unha lámpada de pé, con tulipa como branco capitel e cubo da mesma cor por base; a Madamita de Entrimo-lámpada de parede, o Charrelo de A Veiga como espello-lámpada e, xa de colgar, a Morena de Laza e a Libeliña-Pantalla de Xinzo de Limia, obra esta sobranceira. O Touro de Celavente do Bolo como mesa; o Boteiro paxarraco de Vilariño de Conso e Carracedo da Serra como lámpada, o Volante de Chantada co seu bastón que coroa tulipa cónica. E hai varias cadeiras, rechamantes, da Mezquita da Merca, Chocalleiro de Vilardevós ou Follateiro de Lobios. Así se puido ver no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación Provincial de Ourense.[5] Edende marzo de 2025 está a amosalas no «Museo de los Pueblos Leoneses», Mansilla de las Mulas, León, engadíndolles as inspiradas do seu Antruejo, en Sardonedo (santa Marina del Rey), o Touro, e tamén a de Llamas de la Ribera (con caretón), ámbalas para lámpada de pé, sendo a de Pombriego como moble-bar. E o Ziripot de Eskalerría, home con chapeu e gran vara de pastor, inspiración para armario con estantes. E nalgunhas da República de Portugal, caso do Careto de Podence de Macedo de Cabaleiros como lámpada, e igualmente o caso de Bragança. Para unhas e outras engádelles fustes de ferro ou cobre, pés de mármore ou granito, e noutras aparece a louxa e azulexo. Un elenco variado que ten ido conformando durante décadas, en corenta anos de actividade, depurando as formas destas iconas, un verdadeiro ensaio expresivo unha forma de traballar e transmitir estes persoeiros das festas anuais de fin do inverno e comezo da primavera.[6]

**

É a Rotonda do Entroido, a súa pièce de resistence, unha obra en branco, isto é, en pintar, na que hai diferentes madeiras e tamén corda, na base, que semella un bombo, gran escultura duns cinco por tres metros, de armar, que se dispón a modo de fonte e que ben sendo unha homenaxe aos "Boteiros" e á gastronomía estacional na que engade elementos alusivos á vexetación. E se cada peza é como unha nota illada, sen significado de seu, a inspiración da fonte é unha melodía do Entroido das terras de Viana do Bolo, principalmente.

Eis, así, en todo caso, a súa arte expresionista e xeométrica do mobiliario, dende as figuras orgánicas, singulares e auténticas, do Entroido. E neste contraste vive a súa proposta artística, a cabalo entre uns relevantes elementos etnográficos do pobo e a esencia dos corpos físicos dos distintos Entroidos, verdadeiros tesouros rituais, figuras das que o artista escolle un perfil dos seus movementos para pisar un camiño novo cunha expresión plástica estática: un resultado luminoso e extraordinario.

Francisco Javier Limia Gardón

Crítico de arte

[1] O autor mantén dende fai lustros unha colaboración semanal centrada en arte e cultura no diario provincial «La Región»Na súa columna Arte et Alia tratou do tema da exposición do artista en Ourense, cf. "Suxestións de Entroido para mobiliario segundo Piquico", 20.II.2023. É Dr. en Historia da Arte pola U.S.C., e ten desenrolando labores de comisariado de exposicións de arte, dado conferencias da súa especialidade e participado en congresos nacionais e internacionais. Como escritor ten feito libros individuais e en colaboración. Para o caso que nos ocupa, o Dr. Limia Gardón analizou o tema do Entroido na arte, tanto no medio rural como urbano, en «As caras do entroido ourensán», coordinada polo profesor Dr. José Antonio Fidalgo Santamariña, Deputación Provincial de Ourense, 2009. Alí inclúese a escultura pública do Boteiro en Viana do Bolo, da que é autor Piquico.

[2] Temple sobre papel de periódico, 31x17 cm., Chicago Art Institute.

[3] Coa interiorista Mireia Riera. A posteriori, 2004, comercializase un sofá de exterior en polietileno inspirado no da sala «Dalí Lips».

[4] A Xunta remata a declaración do Entroido como Ben de Interese Cultural, publicando no D.O.GA., o 11.3.2025. É un recoñecemento na categoría de patrimonio inmaterial de "fonda carga histórica, etnográfica e cultural", na que entra tamén a súa gastronomía. No decreto recollese tamén medidas para a súa preservación, transmisión e revitalización... pois" ten funcións que reafirman nós de identidade social e comunitarias".

[5] «Entroido, mobiliario vestido. Escultura», cf. Xabier Limia de Gardón, "Suxestións de Entroido para mobiliario segundo Piquico", na columna semanal "Arte et Alia", «La Región», 20.II.2023.

[6] Para mellor aquilatar da súa importancia, velaquí un selecto ramo de bibliografía: Caro Baroja: «El Carnaval», Cox: «La fiesta de los locos», Dumézil: «Les fêtes romaines d´été et d´automne», Gaignebet: «El carnaval», Goethe: "Elcarnaval en Roma" en «Viaje a Italia», Guibert: «Les quatre fêtes d´ ouvedrture de saison…», Guyonvarc´h: «Les fètes celtes», Heers: «Carnaval y fiesta de locos», Le Roy Ladurie: «Le carnaval des Romans».