
Nesta páxina móstranse os traballos de Piquico sobre o entroido arranxados en escultura, escultura funcional (mobiliario vestido), pintura, fotografía, debuxo e deseño.
Videos en @piquicarte
Entroido, mobiliario vestido. Escultura
Dise que s personaxes do Entroido non se disfrazan, vístense. «Mobiliario vestido» pretende mostrar a continuidade entre corpo, roupa e moble. Representar unha conxugación entre o atávico da festa e a modernidade, xogando cos personaxes do Entroido, coas súas figuras animais, como a mula ou o oso, e os elementos típicos e simbólicos desta festa.
O resultado son esculturas-personaxe «vestidas» de mobiliario ou ao revés —xa sexa unha mesa, un andel, un armario, unha lámpada, un pupitre escritorio, un botelleiro, unha cadeira, un espello etc.— en paralelo cos motivos do Entroido. As obras son basicamente figurativo-xeométricas nas que interesa a expresividade, a masa descuberta, a forma ou a anatomía.
Pezas orgánicas que xogan co contraste da pura xeometría do mobiliario: o cubismo e a idea do corte, da ensamblaxe, do bloque ou do desbaste. Móstrase dende o máis duro, o máis brando ou o máis áspero experimentando coa cor ou coa textura provocados polas ferramentas e a forma. Utilízase sobre todo madeira de diversos tipos, tamén lousa, pedra, papel de parede, mármore, granito, ferro, iluminación ou ready-made varios. A propia materia orgánica, xunto coas cristalinas transparencias ou o material lacado, simbolicamente contrapostos, tentan conciliarse e simbolizar o representado.
Os acabados van dende os naturais ou pulidos á policromía, pigmentación, lacado ou lustre, dando brillantes transparencias de cor e efectos de esmaltado.
Á parte da laboriosa construción das pezas, hai que sumarlle outros tres aspectos que complican a súa confección:
1. A interpretación individual de cada un dos personaxes do Entroido.
2. Que teñen que incluír a funcionalidade como mobiliario que son.
3. Que han de ser desmontables para o seu traslado e iso fai que sexan obras moi delicadas.
Para construír as obras, á parte de elaborar a escultura, hai que ter en conta outros aspectos. En primeiro lugar, elixir un personaxe e adaptalo a unha función determinada como obxecto, escolla que implica un dilatado traballo de deseño previo. Este triplo xogo de harmonización condiciona e dificulta o proceso de elaboración; un crebacabezas ao que se lle engaden posteriormente os acabados minuciosos ou o respecto polo estilo dos propios traxes dos personaxes reais coas súas cores, texturas, sons, movementos, acabados, expresións... e incluso o seu espírito. Todo isto atráeme e inspírame maxicamente, e é para min un grandísimo pracer reinterpretalo.
O sentimento da festa do Entroido lévoo moi dentro e vivino dende pequeno na vila, Viana do Bolo (Ourense), razón pola cal hai cerca de 40 anos que empecei a traballar sobre isto. É o tema sobre o que me especialicei levándoo a distintas disciplinas como a escultura, a obra pública, a pintura, o deseño, o debuxo, a fotografía ou as artes aplicadas.
Emblemas protectores, efixies, tótems que adquiren outras vidas noutros tempos e que se encarnan nestes personaxes, sons, ritmos ou ritos, cada un coa súa data. Mais non é algo exclusivo dos entroidos de aquí, pois ritos invernais semellantes hainos tamén en tribos por todo o mundo e mesmo noutras estacións. Talismáns, ídolos verdadeiros de outrora esquecidos que, como gardiáns da relación do home coa natureza, disuadían, provocaban e perturbaban ou unificaban co seu roce a natureza co home. Estes seres interviñan na natureza para espertala e convidala, á vez que eles simultaneamente tamén nacían (dualidade-unidade-unidimensionalidade).
En realidade son o mesmo ser que se divide; a natureza mostrándose a si mesma para percibir a súa existencia, observándose e visualizándose en dualidade. Pero realmente é unha soa unidade. Divídese así para observarse. Os ollos cos que observa son os mesmos cos que é observada: un presente eterno, unidimensional, como diría Sigfried Giedión.
Un ciclo infinito en espiral ou fractal, un novo autorrenacer, un ciclo de vida despois doutro, réplicas de si (da natureza como unidade) condensadas nos personaxes do Entroido (fractais ou espirais de si mesmos), igual que os sons dos fulións do oriente ourensán ou de moitas tribos do mundo; o ritmo repetitivo do tempo sintetizado nas danzas e nos sons. As formas da natureza escritas nunha fórmula secreta e dispostas na xeometría sagrada aparecen nesta festa, como na disposición dos traxes ou no seu deseño.
Este conxunto de elementos (á parte da celebración como festa participativa) ou fórmulas —coa espiral, co mundo fractal, co ritmo, co son etc.— é o que vexo nesta «festa dos tempos» e é a que intento materializar coa sintaxe da arte a través dos mesmos elementos que habitan na festa.
Unha mirada experta descubrirá estes principios e visualizaraos nas miñas obras. Unha mirada sen prexuízos descubriraos ao sentir algo cando as observa. Son os nenos, sen dúbida algunha, os que aínda están pegados ou próximos a este mundo unipolar, os que perciben esa presenza primitiva ou ser unidimensional —ou, como lle chamaban os gregos, physis— os que reaccionan sen condicionamentos, como puiden observar en varias das miñas exposicións pois, incluso, levaban os pais despois de ver as pezas expostas.
Nas obras intento verter estes elementos, esa sintaxe presente en todo o universo e en todas as disciplinas da vida para que lle dean unha existencia paralela, ou iso espero… Estes elementos son realmente a estrutura ou a fórmula que manteñen en pé e en consciencia o home.
O mundo do Entroido non é só o que aparece a primeira vista.
Entroido, xeometría unidimensional
Emblemas protectores, efixies, tótems que adquiren outras vidas noutros tempos e que se encarnan nestes personaxes; sons, ritmos ou ritos, cada un coa súa data. Mais non é algo exclusivo dos entroidos de aquí, pois ritos invernais semellantes hainos tamén en tribos por todo o mundo e mesmo noutras estacións.
Talismáns, ídolos verdadeiros de outrora esquecidos que, como gardiáns da relación do home coa natureza, disuadían, provocaban e perturbaban ou unificaban co seu roce a natureza co home. Estes seres interviñan na natureza para espertala e convidala, á vez que eles simultaneamente tamén nacían (dualidade-unidade-unidimensionalidade).
En realidade son o mesmo ser que se divide; a natureza mostrándose a si mesma para percibir a súa existencia, observándose e visualizándose en dualidade. Pero realmente é unha soa unidade. Divídese así para observarse. Os ollos cos que observa son os mesmos cos que é observada, un presente eterno, unidimensional, como diría Sigfried Giedión.
Un ciclo infinito en espiral ou fractal, un novo autorrenacer, un ciclo de vida despois doutro, réplicas de si (da natureza como unidade) condensadas nos personaxes do Entroido (fractais ou espirais de si mesmos), igual que os sons dos fulións do oriente ourensán ou de moitas tribos do mundo; o ritmo repetitivo do tempo sintetizado nas danzas e nos sons. As formas da natureza escritas nunha fórmula secreta e dispostas na xeometría sagrada aparecen nesta festa, como na disposición dos traxes ou no seu deseño.
Este conxunto de elementos (á parte da celebración como festa participativa) ou fórmulas —coa espiral, co mundo fractal, co ritmo, co son etc.— é o que vexo nesta «festa dos tempos» e é a que intento materializar coa sintaxe da arte a través dos mesmos elementos que habitan nesta festa.
Unha mirada experta descubrirá estes principios e visualizaraos nas miñas obras. Unha mirada sen prexuízos descubriraos ao sentir algo cando as observa. Son os nenos, sen dúbida algunha, os que aínda están pegados ou próximos a este mundo unipolar, os que perciben esa presenza primitiva ou ser unidimensional —ou, como lle chamaban os gregos, physis— os máis indicados en reaccionar sen condicionantes, como puiden observar en varias das miñas exposicións pois, incluso, levaban os pais despois de ver as pezas expostas.
Nas obras intento verter estes elementos, esa sintaxe presente en todo o universo e en todas as disciplinas da vida para que lle dean unha existencia paralela, ou iso espero… Estes elementos son realmente a estrutura ou a fórmula que manteñen en pé e en consciencia ao home.
O mundo do Entroido non é só o que aparece a primeira vista.
Hai case 40 anos que empecei a traballar neste tema, facendo unha reportaxe fotográfica do Entroido. Espero que sexa de agrado a mostra. E oxalá que os niños sexan o motor para levar os seus pais á exposición porque a arte, ademais de ser unha forma de vida, tamén é xogo. Eu tamén sigo xogando cando constrúo este mundo de soños, como dixo Carmen Quintero.
Nas belezas minúsculas a arte ocúltase baixo o seu propio artificio
Camiñamos cara a un tempo novo. Estase xestando o home novo nunha xeografía sen fronteiras. Pero as raíces dun pobo, coma nas árbores, son necesarias para afianzar o presente inmediato: o hoxe.
Segundo a versión de Eusebio de Cesarea, que cita un texto fenicio de Sanconiatón, o principio do universo foi un vento escuro e tempestuoso, sombrío, infinito e sen límites de tempo. O caos compraceuse nos seus comezos e desa relación naceu a unión consigo mesmo que se chamou Desexo, orixe da materia primixenia ou lama chamada Mot, que contiña xermes de todo o existente.
O Antruejo, Entroido, Antroido etc. aglutina a lingua, a historia, a cultura ou a beleza compartida.
Durante moitos anos os museos de antropoloxía dedicáronse a percorrer ese deleitoso camiño das análises etnográficas. Salientaron as nosas diferenzas cos outros, os nosos sinais de identidade, a nosa rocha fronte a do veciño e a rica diversidade na que se asentan as diferenzas, como as tipoloxías e as distribucións xeográficas, achegándose ao horizonte da comprensión da cultura como o fondo común da nosa especie e como un aglomerado de diverxencias que nos separan orgullosamente dos demais e á vez nos unen.
Unha galería de tipos humanos ou modo de camiñar pola vida introdúcenos directamente no núcleo da antropoloxía ao analizar desexos, intencións, paixóns, ideais e metas que implican esforzos, tensións, sacrificios e estratexias, por un lado, e dúbidas, medos, tenteos, aventuras, equivocacións, fracasos e espléndidos logros, polo outro. Todo humano, radicalmente humano.
Como dicía Quintiliano «a verdadeira beleza nunca está disputada coa utilidade» e iso intento. Estamos rodeados de belezas minúsculas e, no entanto, ensínannos a mirar o grande e desdeñamos algúns tesouros que se nos ofrecen.
O antruejo móstranos deseños no aire, o espazo e os límites son (non podería ser doutra forma) a medida do home, do seu corpo; a escala humana e o horizonte xorde a partir do noso propio corpo. A pel marca a fronteira, os límites que nos veñen dados: as pernas, os brazos, as mans... e as propias ferramentas e utensilios nos que as nosas mans se prolongan.
O debuxo e o colorido das figuras responden menos ás aparencias do real ca o seu ritmo profundo e oculto. A frase podemos aplicala, sen mingua de significado, tamén á arte contemporánea, á estética das últimas vangardas e, sen dúbida, á arte intemporal do cotián, á enorme riqueza do que, para entendernos, denominamos «popular».
Os oleiros chineses mandábanlles escribir aos sabios palabras sagradas na lama antes de pechar as súas vasillas. Eran palabras que, concluída a súa obra, non serían lidas por ninguén, mais que eles sabían que permanecerían alí, na escuridade das vasillas, dando conta da conexión entre os dous mundos. Todos os instrumentos que utilizan os homes para atender as súas necesidades gardan palabras así; por iso, á marxe das súas utilidades concretas (a ola serve para beber, a pota para cocer a verdura e o algodón para vestir os nenos), os obxectos gardan a memoria das palabras e das accións dos heroes. A memoria, en suma, dunha vida mellor, feita á medida dos nosos verdadeiros anhelos.
Os avances tecnolóxicos trouxeron indubidables progresos materiais ás clases populares rurais e urbanas dos países desenvolvidos, pero tamén é certo que esas mesmas clases humildes, supostamente favorecidas pola modernidade, volven cada vez con maior nostalxia os seus ollos cara a un pasado que lles parece o único refuxio seguro fronte ás incertezas do presente.
Calquera manifestación artística é un modo de representar as convencións que nos rexen, mais tamén a historia é un modo de representación. Os seus mecanismos son distintos, pero, tanto na arte coma na historia hai trazos comúns. Por exemplo, ambas son narracións e ambas secuencias narrativas proceden a seleccionar os feitos (do argumento ou do devir histórico) para construír a imaxe ou a representación.
«Na antiga sociedade rural o home vese dobremente ligado á natureza. Enfróntase a diario con ela no traballo tratando de dominala, disciplinala, cultivala. Nesta tarefa, porén, a súa ferramenta esencial é o corpo: é dicir, tamén a natureza. Cómpre, pois, educalo, coidalo, en certo modo, cultivalo. De feito, para que o home poida subsistir, debe formarse unha harmonía entre o seu corpo e o universo, entre o natural interno e a natureza externa» Françoise Loux
Ao longo destas décadas, tamén a historia social nos ensinou a recoñecer os cambios acaecidos historicamente na nosa propia cultura, así como as persistencias máis ou menos camufladas. Non obstante, os estudos realizados verificaron que todas estas modificacións, creacións, tenteos, só pasan a integrarse nunha cultura cando son recoñecidas, aceptadas e aprendidas polos outros individuos que participan dela, ben porque se axusten a parámetros xa coñecidos por todos, ben porque respondan ás necesidades que a sociedade demanda nun momento determinado.
Hoxe en día, a primeira vista, podería parecer que non hai mitos. Unha lóxica incontestable: ante a busca de razóns para explicar os fenómenos, o criterio rápido de desbotar o que non se demostra produce a sensación de que todo está previsto, calculado, controlado, e que non hai lugar para banalidades e contos inútiles. Pero non hai como escarvar un pouco (non demasiado) e resulta fácil dar con eles. Son as narracións enraizadas na memoria desde a infancia e, como as primeiras lecturas presentadas cunha nova aparencia, volven soar como as vellas respostas ás vellas preguntas.
O home enfróntase cos seus pensamentos e xorden os medos: o medo ao futuro, á vellez, á morte dos seres queridos... O home enfróntase ao tempo e escórreselle das mans; non domina o futuro e, peor aínda, non domina o presente. O tempo non é un elemento material, mais si un constitutivo esencial da vida. O home quere dominar o tempo, facerse dono del, dirixilo, amestralo, pero o tempo é inda máis remiso ca os elementos a deixarse dominar, porque paradoxalmente é más fácil dominar o duro, o salvaxe e o material ca o sibilino, o sinuoso e o inmaterial. Esa idea amósase nesta festa «pagá».
Adoita existir a crenza, respecto do mundo da tradición e da súa produción artística, de que é un mundo ancorado, que repite as vellas ideas e maneiras sen renovarse. Non obstante, do mesmo xeito que a cultura «non tradicional» avanza e se pon ao día nos seus medios e mensaxes: a cultura popular cambia e actualiza as súas producións. Non podía ser doutro modo se se considera que os tempos cambian. É un feito, por outro lado, que entre ambas manifestacións, a culta e a popular, hai unha relación de intercambio e de mutuo aproveitamento que tamén as fai avanzar.
Actualmente fronte á homoxeneización que se está a producir en calquera manifestación artística tanto de signo popular como erudito, e partindo da base de que o ser humano crea idénticos obxectos relacionados coas súas necesidades en calquera lugar del mundo, hai que sinalar que, especialmente na ornamentación, se detecta unha variedade que diferencia unhas das outras nas diferentes culturas.
Saídas de mans labregas que embelecían a utilidade cotiá nos anos de autosuficiencia e angosturas, ou da serena pericia de modestos profesionais, hai pezas que reclaman unha atención raramente concedida. É posible que a estética da manufactura nos desorientase ata facernos menosprezar o auténtico.
«A arte ocúltase baixo o seu propio artificio» afirmaba Ovidio nas Metamorfoses. Os artistas pastorís foron moi conscientes do valor estético das súas producións e do seu valor espiritual, ao seren as súas creacións gratuítas e xamais retribuídas.
Ontoloxía do Entroido: unha exploración da obra
O entroido é un espazo de libertade, de inversión de roles, norma/transgresión, seriedade e burla, unha dialéctica da identidade que transcende en vida a representación da clásica tradición/cultura. A vez é un canto a beleza, a verdade ou a memoria, o significado da existencia e a morte, a luz e a escuridade, o pasado e o presente, a natureza e o home nun viaxe poético e máxico na lembranza dos misteriosos laberintos da identidade e a condición humana en diálogo co cosmos, donde os cores brincan con poderes telúricos e as formas soan transmutadas en totems como fruto da encarnación, endurecimento e materialización final do principio abstracto do ARKHÉ primario.
Eu intento articular a tradición e a modernidade como esencia, tributo dun pobo que soupo preservar á memoria e á identidade ameazada pola globalización, a homoxeneización ou o estereotipo, lembrando a coexistencia co simbólico, a búsqueda do sagrado e o espiritual en contraste co vacío da civilización moderna nun viaxe interior a través dos recovecos mais abismales da nosa alma buscando equilibrio e coexistencia, uhna necesidade que nos conecta con algo mais grande que nos mesmos.
Por isto, miña obra tamén pode ser un cuestionamiento da modernidade e a sua adulterada galaxia autoinventada, xa que convido a reflexionar buscando unha percepción mais verdadeira e profunda, holística e humana, como recordatorio de que a vida é un misterio que non pode ser mermada a un pragmático deus moldeado solo con fórmulas, ecuacions ou algoritmos intelectuais.
E na búsqueda do sagrado ¿este non podería quedar diluido na simple repetición de símbolos e rituaies perdendo o seu significado orixinal? ¿e realmente pódese cuestionar a modernidade sin caer nun romanticismo nostálxico? E si a importancia da tradición debería ser innegable ¿pode preservarse sen convertirse nun novo espectáculo para un novo consumo de masas?:
- Eu busco significado e propósito con laborioso, detallista e delicado traballo, paralelo a dos persoaxes nos que me inspiro. Paciencia, dedicación e habilidade como un virtuoso e tradicional mestre artesán, a vez innovador, pero saindo da axenda dun mundo vaciado do contenido espiritual sagrado e presentando resistencia o facilón, o banal ou superficial disfrazado de supostos conceptos profundos. De ahí que en certas obras emerxa unha crítica os cimentos do pensamento contemporáneo que perdeu a sua conexión co sagrado e o simbólico, convidándonos a reflexionar sobre a natureza da realidade e a condición humana nun mundo que foi despoxado do seu significado e propósito. As obras e o propio tema, como a máscara, son un recordatorio de que a vida é un equilibrio delicado entre o que vemos e o que non vemos, entre o que sabemos e o que non sabemos.
- Ademais aplico a suficiente enerxía, intensidade e ideario pra contaxiar e crear unha atmósfera de celebración e alegría, incluso de conto ou de maxia, testimonio dun linguaxe artístico visualmente recoñecible como me calificaron en numerosas ocasions.
Invito a reflexionar neste viaxe poético, existencial ou filosófico do tiempo, a memoria e a existencia, a reencontrarse cos rincones mais profundos da nosa alma e recordar que a vida é un misterio que nos envolve e nos trascende, a vivir unha vida pagana, pero cargada de este espíritu hermenéutico. É a la vez un recordatorio para o reino da creatividade de que a existencia é un baile misterioso da natureza que nos envolve e nos trascende, un misterio que solo podemos comprender a través da intuición e a emoción.
En resumen, un acercamento a complexidade da condición humana, a contradicción e a paradoxa que nos fai seres únicos e multifacéticos.